A Real Academia Galega de Ciencias colabora coas Facultades de Ciencias da USC na celebración de San Alberte Magno

24/10/2014

A Real Academia Galega de Ciencias colabora coas Facultades de Química, Bioloxía, Matemáticas, Física e Ciencias (Lugo) da USC na celebración do seu patrono San Alberte Magno. A tal obxeto  organizaron un  concurso de fotografía "A Ciencia en Imaxe", dirixido a  comunidade universitaria, dotado con interesantes premios. Participa!