Rede Natura 2000 en Galicia, tema do ciclo Luis Asorey a celebrar próximamente en Lugo

10/11/2014

A Real Academia Gallega de Ciencias, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, organiza o ciclo Luis Asorey 2014, que está dedicado a  Rede Natura 2000 en Galicia. O ciclo dará comezo o próximo Luns día 17 e continuará os días 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de Novembro. As sesions terán lugar as 19,30, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, Rúa San Marcos, 8, agás a do día 24 que será no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo. O ciclo ten reconocido un crédito de libre configuración, pola USC.

 

Descargar díptico