A Real Academia Galega de Ciencias vén de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para a celebración das Xornadas Luis Asorey. Esta colaboración entre as dúas institucións mantense desde hai case case 40 anos, posto que o ciclo alcanza xa a súa 36ª edición.

Serán un total de sete sesións centradas no sector forestal galego, nas que se abordarán os seus retos, fortalezas e debilidades. Destacarase en particular o papel das frondosas na nosa comunidade.

As xornadas desenvolveranse na sede da Deputación no mes de novembro, entre os días 17 e 27. Contarase coa participación dun nutrido grupo de expertos, que achegarán a súa experiencia e coñecemento neste eido.

Share This