Noticias
Infórmate sobre las noticias de la Real Academia Gallega de Ciencias.
O economista Antón Costas ingresa na RAGC destacando a necesidade de crear “un nuevo contrato social focalizado en devolver dignidad y reconocimiento al trabajo y en la creación de buenos empleos”
O actual presidente do Consejo Económico y Social de España salienta que se trata de “fomentar el dinamismo económico a la vez que una sociedad justa” A RAGC celebrou no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso de Antón Costas Comesaña (Vigo, 1949), actual...
A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha nova edición do “Ciclo Aida Fernández Ríos”
A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Pontevedra promoven a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. A través desta iniciativa búscase conectar ao gran público con temas...
A RAGC entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023
A Academia destaca que “son un moi bo exemplo da mellor investigación que se está a realizar en Galicia, en áreas que preocupan á sociedade como son o medio ambiente, a saúde e a IA” A RAGC celebrou o acto de entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez...
A RAGC e a Xunta convocan a novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas (PRAZO: 15 de maio)
Distingue un traballo informativo de carácter científico ou tecnolóxico, escrito ou audiovisual, publicado no último ano en calquera medio de comunicación galego Concederanse 5.000 € ao autor/a da peza gañadora e un accésit para a segunda mellor proposta A RAGC, en...
A RAGC premia aos investigadores da Universidade da Coruña que están a desenvolver métodos novidosos para determinar a presenza de microplásticos no medio
Distingue tamén un proxecto da USC que logrou importantes avances no estudo dunha proteína implicada na regulación da glicosa, de gran repercusión para o tratamento da diabetes Recoñece así mesmo a un equipo do INIBIC, premiado por un sistema de Intelixencia...
Convócanse os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia (PRAZO para a presentación de solicitudes: 30 de abril)
Os galardóns recoñecen traballos de investigación aplicada e casos de éxito en transferencia de coñecemento A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia...
Colócase unha placa homenaxe a Manuel Colmeiro, “Científico Galego do Ano 2023”, no compostelán Parque das Ciencias
Juan Lema, presidente da RAGC: “Foi un economista transformador, que contribuíu á modernización da sociedade galega e española” A RAGC concluía esta mañá os actos de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, “Científico...
O arquitecto David Chipperfield, o economista Antón Costas e o físico José Manuel Fernández de Labastida ingresarán este ano na RAGC
Converteranse en novos académicos da institución polos méritos acadados nos seus respectivos campos A RAGC vai engrosar este ano a súa relación de académicos correspondentes con tres novas incorporacións. Trátase do arquitecto David Chipperfield, do economista Antón...
A RAGC mantén a súa colaboración coa Deputación de Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o delegado provincial Jorge Cubela reuníronse co presidente da RAGC, Juan Lema, e coa súa vicepresidenta, Alicia Estévez, para tender pontes e abrir novas vías de colaboración entre ámbalas dúas entidades. No...