Con este título tan chamativo que rememora a reacción da Raíña Isabel II fronte as dúbidas surxidas na construcción do “Dique da campá” tivo lugar un acto celebrado no Museo da Construcción Naval de Ferrol (Exponav) no que se analizaron diversos aspectos da vida e obra de Andrés Comerma i Batalla. No acto presidido polo Presidente da RACG Prof. Juan M. Lema Rodicio, interviú en primeiro lugar o Almirante Xefe do Arsenal, D. Antonio Dueñas que subliñou o traballo de Comerma na Armada como profesor, deseñador de buques e de instalacións de construcción naval. A Presidenta do Consello da Cultura Galega, Prof. Rosario Álvarez Blanco fixo un repaso da figura de Comerma como “home do renacemento” no século XiX e deu paso ó historiador Guillermo Llorca que presentou o roteiro onde se describen os lugares mais significativos da vida de Comerma en Ferrol.

O Prof. Luis Puig, bisneto de Comerma incidiu na a vida de Comerma na sociedade ferrolá e o académico Prof. Pedro Merino presentou a faceta de Comerma como enxeñeiro que, xunto con outras contribucións se recollen no libro editado pola RAGC e patrocinado polo Concello de Ferrol e o Consello da Cultura Galega. O reitor da Universidade da Coruña recoñeceu en Comerma un verdadeiro ferrolá ligado as tres institucións chave da cidade: a Armada, a construcción naval e a Universidade. Pechou o acto a Alcalde de Ferrol D. Angel Mato que puxo e manifesto o papel singular de decisivo do enxeñeiro Comerma no desenvolvemento da sociedade ferrolá do século XiIX, cunha intensidade que ainda hoxe ten repercutido positivamente na cidade. A organización do acto correu a cargo da Prof. Asunción López Arranz da Universidade da Coruña.

Share This