Presentación

Misión

Promover a ciencia e a tecnoloxía e a súa influencia na Sociedade, difundindo a cultura e os valores científicos, creando opinión desde a independencia, para contribuir ao desenvolvemento social e económico de Galicia.

Visión

Ser a institución de referencia para a sociedade galega, particularmente para entidades públicas e privadas, en relación co valor da ciencia e a tecnoloxía para o ben común.

Valores

Independencia
Imparcialidade
Influencia
Ética
Rigor
Liderado
Experiencia
Compromiso
Interdisciplinariedade
Orgullo de pertenza