
Científica/o Galega/o do Ano
Desde o ano 2006, a RAGC honra a memoria dun científico ou científica que teña contribuído decisivamente ao desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía en Galicia. O acto central celébrase no Día da Ciencia en Galicia, o 8 de outubro de cada ano, en lembranza do nacemento do Padre Feijoo, pioneiro no apoio ao método científico.
DÍAS DA CIENCIA EN GALICIA
ACTUALIDADE
O químico Tomás Batuecas Marugán foi o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia.
A homenaxe, que coincide co 150 aniversario da creación da táboa periódica, foi aprobado unanimemente polos académicos con base na traxectoria de Batuecas como referente internacional na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos. Esta propiedade dos diferentes tipos de elementos que forman a materia é fundamental para orientar e manexar as súas aplicacións en innumerables campos do coñecemento e da industria.
Agradecementos


En relación con este tema é de destacar e agradecer a iniciativa adoptada por o Concello de Santiago de crear o Parque das Ciencias Isidro Parga, no que se lembra aos Científicos galardoados pola Academia.