
Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2020
Coa la colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración de la Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convoca anualmente os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía.
Co obxectivo de facer o proceso de presentación de proxectos mais doado, simplificaronse as bases e reduciuse o tamano máximo das memorias. A tramitación das candidaturas faise telemáticamente. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas na súa faceta mais aplicada e de transferencia de coñecemento.

Categorías

Premio “Francisco Guitián Ojea”
A un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 €, para recoñecer a creación, a cargo de un grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Premio “Fernando Calvet Prats”
A un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000 €, froito da colaboración cunha empresa. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnología transferida. Será válido calquera mecanismo de transferencia desde o grupo á empresa (adquisición de patente, proxecto conxunto, spin-off, etc.).

Premio “Ricardo Bescansa Martínez”
A un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, dotado con 6.000 €, froito da colaboración cun grupo de investigación galego. O premio irá destinado á empresa que teña implantado con éxito a tecnoloxía transferida. Será válido calquera mecanismo de transferencia desde o grupo á empresa (adquisición de patente, proxecto conxunto, spin- off, etc.).
Consulta as bases


