Últimas Novas + ![]()
O Concello de Santiago coloca unha placa homenaxe a Aida Fernández Ríos no Parque das Ciencias
A RAGC continúa cos actos de homenaxe á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, “Científica Galega 2026”. En colaboración co Concello de Santiago, vén de colocar unha placa na súa memoria no Parque das Ciencias da cidade, onde a Academia xa ten homenaxeado a outros...
A RAGC celebra o Día da Ciencia e entrega as Medallas de Investigación 2026
A RAGC celebrou hoxe en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como ‘Científica Galega 2026’. Ademais, entregáronse as Medallas de...
Un libro lembra a Aida Fernández Ríos, “Científica Galega 2026”
A RAGC continúa cos actos de homenaxe á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015), “Científica Galega 2026”. Esta mañá presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) o libro “Aida Fernández Ríos. Da produtividade das rías á...
Medallas de Investigación para Rosa Crujeiras, Mabel Loza, Francisco Rivadulla, Sebastián Villasante e Leandro Alejano
A RAGC recoñece coas Medallas de Investigación 2026 a cinco científicos e científicas galegos: Rosa Crujeiras, Mabel Loza, Francisco Rivadulla, Sebastián Villasante e Leandro Alejano. Esta distinción valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación...
A experta en Lingüística Computacional Maite Taboada ingresa na RAGC
A RAGC celebrou no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso da lingüista computacional María Teresa Taboada Gómez (Madrid, 1970), de pais lucenses, como académica correspondente da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da institución. Doutora...
Os académicos Ángel Carracedo e Carmen Álvarez, Premios Nacionais de Investigación
O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de facer públicos os Premios Nacionais de Investigación 2026, cos que recoñece a excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento de investigadores e investigadoras cunha destacada traxectoria. O...
Día da Ciencia en Galicia
No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.
Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.







