A académica da RAGC, Maria José Alonso recibiu o XVII premio Burdinola pola súa contribución á medicina persoalizada e rexenerativa, no ámbito da nanotecnoloxia. O premio ofi entregado no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto presidido polo Reitor Antonio López. O xurado estivo presidido por Joseba Pineda, decano da Facultade de Medicina e Enfermería da Universidade do País Vasco; sendo secretario o director da Fundación Universidade-Empresa Euskoiker, Alfonso Hernández. O comité contou tamén cos vocais Laura Lechuga, Rosa Hernández, Ramón Colomer, Guillermo Zalba e Mikel Martínez, director xeral de Burdinola, este último con voz pero sen voto. No seu ditame, o xurado tamén quixo destacar o elevado nivel de calidade de todas as candidaturas presentadas.
Últimas Noticias
A RAGC homenaxea ao enxeñeiro de telecomunicación José Pazos Arias, un dos impulsores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo”
O académico Juan José Nieto Roig, novo presidente da ACSUG
O economista Antón Costas ingresa na RAGC destacando a necesidade de crear “un nuevo contrato social focalizado en devolver dignidad y reconocimiento al trabajo y en la creación de buenos empleos”
A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha nova edición do “Ciclo Aida Fernández Ríos”
A RAGC entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023