Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Economía Circular: A primeira revolución do século XXI

17 Decembro, 2018 @ 7:00 p.m. - 20 Decembro, 2018 @ 9:00 p.m.

Ciclo de Conferencias

A ECONOMÍA CIRCULAR:
A PRIMEIRA REVOLUCIÓN DO SÉCULO XXI

(XXI Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2018)

Días 17, 18, 19, 20 de decembro  ás 19,00 horas

Coordinadores:
Juan M. Lema Rodicio
Gumersindo Feijoo Costa
O concepto de Economía Circular, termo que data dos anos 80 do século XX, faise presente de forma omnipresente dende o 2014 ao estar impulsado polo Parlamento Europeo na súa comunicación “En prol dunha economía circular: un programa de cero residuos para Europa”. Este feito tradúcese nun enfoque do I+D+i público e privado na UE cara ao establecemento dos principios dunha filosofía do ciclo de vida dos materiais e procesos produtivos. As empresas, como resposta á demanda dun mercado global, estanse a mover de forma rápida dende unha economía lineal clásica a un sistema circular, no que tamén están a xurdir novas oportunidades de negocio. Existe unha evolución dos sistema clásico da 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) a un sistema Multi-R: Repensar, Rediseñar, Refabricar, Reparar, Redistribuir, Reducir, Reutilizar, Reciclar y Recuperar. Este troco de paradigma tradúcese en diferentes metodoloxías e modelos de negocio como a biorefinería, análise de ciclo de vida, ecoeficiencia, ecoetiquetado, ecodeseño, etc., que abren un novo abanico de oportunidades no ámbito socioeconómico.

 

OBXECTIVOS E DESTINARIOS

O Ciclo ten como obxectivos definir, describir e analizar as implicacións que a Economía Circular ten a curto e medio prazo nas novas estratexias empresariais, afondando nos principios da filosofía do ciclo de vida que permita atinxir a meta última dun sistema socioeconómico de residuos “cero”.
Nesta meta compre integrar os mundos da investigación e o desenvolvemento, cunha formación de profesionais que permita afrontar con éxito os desafíos deste troco completo do sector produtivo.
O Curso vai dirixido ás empresas que queiran incorporar estas novas ideas na súa estratexia futura a curto e medio prazo e aos estudantes de Grao, Mestrado e Investigadores en Formación para fomentar o coñecemento e o emprendemento.

 

INSCRICIÓN

A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro ás 13:00 horas ou ata completar aforo.
As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.

Descargar díptico

Detalles

Comezo:
17 Decembro, 2018 @ 7:00 p.m.
Remate:
20 Decembro, 2018 @ 9:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Confederación de Empresarios de Galicia
Rúa do Vilar, 54
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 55 58 88