Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo Avances “Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”

Xuño 10 @ 5:00 p.m. - Xuño 13 @ 9:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña promoven unha nova edición do Ciclo Avances, en colaboración co Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), o Campus Industrial da Universidade da Coruña, o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC) e o Concello da Coruña. Céntrase en temas fundamentais que abranguen desde a orixe do cosmos ata a procura de vida extraterrestre e a exploración espacial nos nosos días, ademais dos principais logros e retos na procura de planetas habitables máis alá do noso, e os avances na observación e na exploración espacial que se están a acadar cos telescopios en órbita.

PROGRAMA

 

“Facendo conexións entre a Física de Partículas e a Cosmoloxía”

Presentación

Valentín González Formoso Presidente da Deputación da Coruña
Juan Lema Rodicio Presidente da RAGC
Carlos Salgado López Director do IGFAE
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel Coordinadoras do curso

“Producindo o estado primixenio do universo en menos de tres ioctosegundos”
Carlos Salgado López Oportunius Research Professor. Director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC)

A primeira luz: O fondo cósmico de microondas”
Fernando Atrio Barandela Catedrático de Física Teórica. Universidad de Salamanca

“Surveys de galaxias: rastrexando a distribución da materia en diferentes épocas cósmicas”
Fernando Buitrago Alonso Investigador Distinguido Sénior. Universidad de Valladolid. Colaborador Externo do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço de Portugal

Debate

Dende a astrofísica das ondas gravitacionais aos telescopios Cherenkov: medindo o universo máis extremo”

Presentación
Ana Isabel Ares Pernas Vicerreitora do Campus de Ferrol
Marcos Míguez González Director do Campus Industrial de Ferrol (UDC)
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel Coordinadoras do curso

“O universo extremo e as ondas gravitacionais”
Juan Calderón Bustillo Investigador Ramón y Cajal. IGFAE

“Observando os procesos de máis alta enerxía no universo mediante telescopios Cherenkov”
Rubén López Coto Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC). Granada

“Buracos negros e estrelas de neutróns: a física nos límites”
Teodoro Muñoz Darias Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).Tenerife

Debate

Onde a vida poida estar no universo

Presentación
Javier Pereira Loureiro Subdirector do CITIC
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel Coordinadoras do curso

“O noso sistema solar no contexto doutros sistemas planetarios”
Benjamín Montesinos Comino Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA. Madrid. Presidente da Sociedad Española de Astronomía (SEA)

“Procura de vida máis aló do sistema solar, o que depara o futuro”
Isabel Rebollido Vázquez Axencia Europea do Espazo (ESAC). Madrid

“As bases da vida dende unha perspectiva astrobiolóxica
Ester Lázaro Lázaro Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA

Debate


“Exploración e observación espacial”

Presentación
Nereida Canosa Domínguez Concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña
Marcos Pérez Maldonado Director dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña)
Minia Manteiga Outeiro / Ana Ulla Miguel Coordinadoras do curso

“O programa da ESA para a exploración do sistema solar
Alejandro Cardesín Moinelo Centro Europeo de Astronomía Espacial (ESAC). Presidente do Nodo Ibérico da Sociedad Europlanet

“O telescopio espacial James Webb: dous anos de descubrimentos”
Almudena Alonso Herrero Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA. Coinvestigadora española do Consorcio Europeo do instrumento MIRI do telescopio espacial James Webb

“A exploración dos xigantes gasosos e as súas lúas xeadas”
Ricardo Hueso Alonso
Catedrático de Física Aplicada da Universidad del País Vasco

Debate e sesión de planetario

Detalles

Comezo:
Xuño 10 @ 5:00 p.m.
Remate:
Xuño 13 @ 9:00 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Minia Manteiga e Ana Ulla