Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo de Conferencias AVANCES: “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”

Xullo 6 @ 6:30 p.m. - Xullo 9 @ 8:30 p.m.

 

Este ciclo de conferencias, XXIV Avances en Ciencia e Tecnoloxía, organizado pola RAGC, quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Intentarase nelas dar información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Tamén se ofrecerá unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

O ciclo, coordinado polo doutor Xosé R. Bustelo, está dirixido á cidadanía en xeral, esixíndose un coñecemento básico científico non avanzado. Sen embargo, a temática terá tamén interese para persoas especializas no campo da Bioloxía, Medicina, Farmacia, Informática e outras áreas asociadas coa Biomedicina.

As charlas estarán impartidas por científicas e científicos de alto recoñecemento nacional e internacional que están a traballar en Galicia ou en España actualmente. Tamén haberá representantes, no caso da táboa redonda, dos pacientes (Asociación Española contra el Cáncer (AECC) da Coruña.

O prazo de inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias está aberto na plataforma Zoom: https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_LGNm1oMlQn6WcMc8rmzX_Q
Todos os participantes poderán solicitar certificado de asistencia.

Programa detallado

Detalles

Comezo:
Xullo 6 @ 6:30 p.m.
Remate:
Xullo 9 @ 8:30 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Xosé R. Bustelo