![Cargando eventos](https://www.ragc.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Desafíos e oportunidades da Nanotecnoloxía
20 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m. - 23 Novembro, 2017 @ 7:00 p.m.
![](https://www.ragc.gal/wp-content/uploads/2019/04/Captura-de-pantalla-2019-05-24-a-las-12.22.41.png)
Ciclo de Conferencias
DESAFÍOS E OPORTUNIDADES DA NANOTECNOLOXÍA
(XX Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2017)
Días 20, 21, 22 e 23 de novembro ás 19,00 horas
Coordinadores do Ciclo:
M. Arturo López Quintela e José Rivas, USC e Académicos da RAGC.
PERSOAS DESTINARIAS
O ciclo está dirixido a estudantes de grado, máster, doutoramento, investigadores, profesionais e directivos de empresas e organizacións públicas interesadas na importancia da nanotecnoloxía tanto na ciencia como en economía, mostrando unha visión das súas múltiples aplicacións industriais, así como para o público en xeral.
Nos últimos anos, as nanotecnoloxías demostraron ser unha ferramenta poderosa para abordar novos desafíos científicos e desenvolvementos tecnolóxicos que, sen dúbida, afectarán a moitas áreas da nosa vida, por mor do seu carácter horizontal e multidisciplinar.
OBXECTIVOS
Neste ciclo de conferencias mostraranse con rigor, pero dun modo accesible dirixido a un público non especializado, algúns dos aspectos máis destacados da Nanotecnoloxía, tanto dende o punto de vista científico como aplicado. O Ciclo ten como obxectivos:
- Contribuír ao desenvolvemento das nanotecnoloxías en Galicia.
- Comunicar á sociedade a importancia da ciencia e, en particular, das nanotecnoloxías.
- Crear cultura científica.
INSCRICIÓN
A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de novembro ás 13:00 horas ou ata completar aforo.
As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.