Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Tecnoloxías da Información e das Comunicacións: o futuro xa chegou

12 Decembro, 2016 @ 12:00 p.m. - 15 Decembro, 2016 @ 3:00 p.m.

Salón de Actos Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa de Vilar, 54 – Santiago de Compostela

 

Ciclo de Charlas e Mesas de debate

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS: O FUTURO XA CHEGOU

(XIX Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2016)

Días 12, 13, 14, e 15 de decembro ás 19,00 horas
Un país que pretenda ter un sistema produtivo moderno e sustentable, baseado no coñecemento e na aprendizaxe permanente non pode resignarse a ser un mero consumidor dos productos e servizos TIC que outros desenvolvan. De feito, a ominipresenza destas tecnoloxías é tal que ninguén pode permanecer alleo a elas e aos seus avances: as empresas, grandes ou pequenas, a Administración, a Universidade, os traballadores e cada individuo da sociedade.
OBXECTIVOS

O Ciclo ten como obxectivos dar a coñecer con rigor, pero ao tempo dun modo asequible para un público diverso e non especializado, algún dos ámbitos nos que as TIC están tendo ou terán en pouco tempo un impacto enorme na formación de profesionais, na I+D e na producción de bens e servizos.
PERSOAS DESTINARIAS

Este ciclo vai dirixido a un público moi diverso: estudantes, doutorandos e investigadores, en particular do ámbito das TIC e afines, profesionais e directivos de empresas e administracións públicas, así como a persoas alleas ao mundo das TIC, pero con interés ou simple curiosidade polos temas abordados.

 

INSCRICIÓN

A inscrición será gratuita. O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de decembro ás 13:00 horas ou ata completar aforo.
As persoas que o soliciten recibirán un certificado de asistencia ao Ciclo.

Descargar díptico

Detalles

Comezo:
12 Decembro, 2016 @ 12:00 p.m.
Remate:
15 Decembro, 2016 @ 3:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Confederación de Empresarios de Galicia
Rúa do Vilar, 54
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 55 58 88