A prof. María José Alonso Fernández, académica da RAGC, ven de recibir de mans da Vicepresidenta primeira do Goberno, Rosa Calvo, a Medallas de Plata ó Mérito na Investigación e na Educación Universitaria. Na resolución de concesión saliéntase que “dende 1992 lidera na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina e sistemas de liberación de fármacos e vacinas. A prof. Alonso foi pioneira no desenvolvemento de vacinas que aportan unha resposta inmune duradeira grazas ó uso de partículas biodegradables que controlan a suá liberación ó sistema inmune. Na última década ten traballado en colaboración con grupos americanos, canadianos e europeos, nunha una vacina fronte a VIH”.

Este recoñecemento engadese a unha longa lista de premios, entre eles o Premio “Rey Jaime I” na modalidade de Novas Tecnoloxías, e os Premios “Novoa Santos”, “Maurice-Marie Janot” da Asociación Internacional de Tecnoloxía Farmacéutica (APGI), o “Founders Award” da sociedade internacional Controlled Release Society (CRS), o “Outstaning Service Award” da CRS, o “Women in Sciences Award” da CRS, la Medalla del Consejo General de Colegios de Farmacéuticos,. Ten recibido, asemade, o premio María Josefa Wonenburger e a “Medalla Castelao” ambos outorgados pola Xunta de Galicia.

No acto de entrega, onde tamén recibiron a medalla os prof. Luis Enjuanes e Mariano Esteban, celebrado na sé do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), asistiron o alto representante da Unión para Asuntos Exteriores , Josep Borrell; o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque; o ministro de Universidades, Manuel Castells; o subsecretario de Ciencia e Innovación, Pablo Martín; o secretario general de Investigación, Rafael Rodrigo, e a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez

Share This