A catedrática de Química Analítica da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Lores, impartiu a sesión

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra pechan o “II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, unha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

O webinario celebrouse o xoves, 1 de xullo, coa charla “Adegas circulares: máis alá do viño…”, impartida pola catedrática de Química Analítica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Marta Lores Aguín. A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Olga Mª García Ballesteros, asistiu á última xornada do primeiro bloque do ciclo, moderada pola vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez.

Partindo da premisa de que en Galicia se elaboran excelentes viños brancos, a relatora Marta Lores explicará outros aspectos da vinificación descoñecidos para o público. A experta destaca que o bagazo de uva branca esconde un asombroso tesouro en forma dunhas sustancias químicas naturais chamadas polifenois, uns compostos bioactivos que son o fitoarsenal que a uva produce para defenderse, con moitas propiedades de interese. Marta Lorez contará como se converten estes polifenois en ingredientes útiles para a súa aplicación na propia industria vitivinícola, e tamén noutros eidos da industria alimentaria, cosmética, veterinaria, entre outras.

Nunha tendencia á sostibilidade, a catedrática sinalará como se traballa actualmente cara unha vinificación sostible aproveitando integramente o bagazo da uva a través dun proceso de transformación denominado economía circular.

O conxunto do II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos consta de dous bloques, un primeiro con dez relatorios impartidos por once recoñecidos expertos entre abril e xullo, e un segundo bloque con cinco conferencias presenciais en institutos de Secundaria e Bacharelato durante o inicio do curso académico 2021-2022 –de setembro a decembro–.

Share This