Ingreso de Aída Fernández Ríos

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

A Dra. Da. Aída Fernández Ríos é Profesora de Investigación no CSIC, con destino no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. É Bióloga Oceanógrafa e a súa investigación céntrase preferentemente no Sistema do Carbono. Participou nun elevado número de Campañas Oceanográficas, dirixiu  Teses Doutorais e participou en numerosos Proxectos de Investigación, incluíndo proxectos do Plan Nacionan e Europeos. O seu excelente curriculum científico complétase cunha longa lista de publicacións en revistas de prestixio. Ademais formou parte de numerosos Comités e Representacións internacionais.