Ingreso de Juán Manuel Lema Rodicio

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O próximo día 25 de Maio terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde, o acto solemne de ingreso do Prof. Dr. D. Juán Manuel Lema Rodicio como Académico Numerario da RAGC. O Prof. Lema Rodicio é Catedrático da USC na área de Enxeñaría Química, onde dirixe o grupo de investigación "Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos". Investigador de gran prestixio nacional e internacional no ámbito da Enxeñaría Ambiental, protagonizou importantes casos de transferencia de tecnoloxía. No seu brillante curriculum figuran tamén notables contribucións á xestión universitaria.