Ingreso de Luis Caramés Viéitez

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O Prof. Caramés é Catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, amplióu estudos na Universidade de Burdeos e é autor de numerosos traballos de investigación e outras publicacións. Foi Decano da Facultade de Económicas da USC e Director do seu Departamento de Economía Aplicada, Director da Cátedra Bolívar (USC) para as relacións con América Latina,  primeiro Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, é membro correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, entre outros moitos méritos. Colabora regularmente con diversos medios de comunicación, en relación con temas da súa especialidade.