Alberto Gago Rodríguez

Doutor en Economía pola USC. Catedrático de Facenda Pública da UVigo

Alberto Gago Rodríguez (Vilanova de Arousa, 1956) é doutor en Economía pola USC e catedrático de Facenda Pública da UVigo desde 1994.  Nesta Universidade foi director do Departamento de Economía Aplicada durante o período 1995-2000, vicerreitor de Planificación e Asuntos Económicos (2002-2006) e reitor (2006-2010). Noutros ámbitos, foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, do Consello de Cultura Galega, do Consello Científico do Instituto de Estudos Económicos de Galicia, e presidente da Asociación Española de la Energía e do Comité Científico dos “Encuentros de Economía Pública”. 

O seu  traballo de investigación tense desenvolto nos campos da incidencia impositiva, a reforma fiscal e a fiscalidade ambiental, e sobre estes temas ten publicado máis dun cento  de libros, capítulos de libros e  artígos en revistas científicas de ámbito nacional e internacional. Asemade, ten desplegado unha intensa actividade divulgativa e de transferencia, participando como conferenciante e como membro de diferentes grupos de traballo, entre os que cabe salientar o grupo de estudos de “Fiscalidad comparada”, do Ministerio de Economía y Hacienda, ou de “Fiscalidad de la Energía y Desarrollo Energético” do Instituto de Estudios Fiscales, e o grupo para a reforma fiscal da Fundación Iniciativas, que publicou o informe “Una propuesta para la reforma fiscal en España”. 

Na actualidade, é membro do grupo de investigación REDE (http://rede.uvigo.es/), da Agrupación Extratégica de Investigación ECOBAS  (http://e/cobas.webs.uvigo.esindex.php) e investigador afiliado do Centro de Investigación ECONOMICS FOR ENERGY  (https://eforenergy.org/equipo.php).