Ángel Sanjurjo Bermúdez

Director emérito do Stanford Research Institute

Leva máis de corenta anos en Estados Unidos onde foi director do Laboratorio de Ciencias Materiais do Stanford Research International –actualmente director emérito–, un dos principais centros de investigación privados do mundo, con máis de 1.000 científicos e enxeñeiros e máis de 2.000 patentes. Ao longo da súa traxectoria, traballou en proxectos con empresas e gobernos de Europa, Asia, Norteamérica, Sudamérica e Australia para o deseño de novos procesos e materiais desenvolvemento de diverso tipo de reactores.  Foi, tamén, o pioneiro da produción de silicio de baixo custo e células solares. Conta con máis de 40 patentes ao seu nome e fundou catro compañías. No ano 2000, a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Galicia, na súa categoría de prata por a súas contribución á transferencia de tecnoloxía a Galicia.