Aníbal Ollero Baturone

Catedrático e director do Laboratorio de Robótica GRVC da Universidad de Sevilla

Catedrático e director do Laboratorio de Robótica GRVC da Universidade de Sevilla, con máis de 75 membros, así como asesor científico do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC) de Sevilla. Foi catedrático nas universidades de Santiago de Compostela, na que foi secretario e subdirector da ETS de Enxeñeiros de Vigo e director dun Departamento da universidade, e de Málaga, e investigador no Robotics Institute da Universidade Carnegie Mellon (Pittsburgh, USA) e do LAAS-CNRS de Tolouse (Francia). 

É autor de máis de 800 publicacións, incluíndo máis de 200 artigos en revistas, 10 libros e 16 libros editados, sendo, segundo Scopus, o autor con máis publicacións en UAVs, robótica aérea e manipuladores aéreos. Dirixiu ou participou en máis de 180 proxectos de investigación, incluíndo 41 proxectos internacionais, sendo coordinador de 7 consorcios de proxectos do Programa marco da Comisión Europea sobre robótica aérea e ten unha Advanced Grant do European Research Council. Transferiu tecnoloxías ás empresas en 43 contratos. Recibiu 28 premios incluíndo o Premio Nacional de Investigación en Enxeñaría (2021), o premio Rey Jaume I en Novas Tecnoloxías (2019), Overall Winner do ICT Innovation Radar Award da Comisión Europea (2017), elixido entre os tres innovadores europeos de 2017 e entre os candidatos ás personalidades europeas de 2017 (European Business Summit, 2018), entre outros. 

Foi director de 47 teses de doutoramento. É IEEE Fellow, co-chair do “IEEE Technical Committee on Aerial Robotics and Unmanned Aerial Vehicles” e coordinador do “Aerial Robotics Topic Group” de euRobotics. Foi membro do “Board of Directors” de euRobotics ata marzo de 2019 e fundador e presidente da Sociedad Española para la Investigación y Desarrollo de Robótica (SEIDROB) ata novembro de 2017. É director do Spanish Robotics Robotics Digital Innovation Hub.