Antonio Rigueiro Rodríguez

Catedrático de Produción Vexetal da USC

Especialista en sistemas agroforestais, sistemas silvopastorais, botánica forestal, micoloxía (cogomelos), árbores senlleiras e malherboloxía en sistemas agrícolas e monumentos. Director de 20 teses de doutoramento. É autor ou coautor de medio centenar de artigos, libros e capítulos de libros internacionais e de máis de 200 proceedings de congresos internacionais.  Foi subdirector xeral de Universidades e investigación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, subdirector e director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da USC, director da Escola Politécnica Superior da USC, director do Departamento de Produción Vexetal da USC e actualmente dirixe a Estación Científica do Courel da USC.