Beatriz González López-Valcárcel

Catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Economía pola Universidad de La Laguna e catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión da Universidad de Las Palmas de GC. Profesora de cursos de posgrao e doutorando en decenas de universidades españolas e estranxeiras. 

Investigación en Economía da Saúde, con particular interese en Economía da Saúde Pública e da Prevención (obesidade, tabaco, desigualdades sociais en saúde), mercados laborais e planificación de recursos humanos, adopción e difusión de novas tecnoloxías sanitarias, economía do medicamento. Líder de proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D e dos programas marco VI e VII da UE (nodo español). Seis sexenios de investigación recoñecidos pola Comisión Nacional Evaluadora (1983-2018) e un sexenio de transferencia. 

Presidenta da Asociación de Economía da Saúde (2004-2006) e da sección de Public Health Economics da Asociación Europea de Salud Pública, EUPHA (2011-2012). Presidenta de SESPAS (Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria) entre 2015 y 2017. 

Consultora internacional en México, Brasil, Arxentina, Chile, Uruguai, Costa Rica, Panamá e Mozambique. En España, para o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e para a Agencia Catalana de Evaluación de Tecnologías, entre outras institucións. Membro do Consejo Asesor de Sanidad (Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social). Conselleira da Autoridad Independente de Responsabilidad Fiscal (AIREF). 

Condecorada coa Cruz de la Orden del Mérito Civil de Sanidad (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad) en 2011. Filla adoptiva da Ciudad de Las Palmas de GC (nomeada polo concello da cidade) e da Illa de Gran Canaria, nomeada polo Cabildo Insular de Gran Canaria en 2017. Can de prata da ciencia outorgado polo Cabildo Insular de GC (2012). Profesora Honoris Causa da Universidad Isalud (Bos Aires) en 2015. Membro da comisión científica asesora da Fundación Gadea Ciencia. Membro do equipo editor do blog de Economía Nada es Gratis desde marzo 2019. Patroa da Fundación Ernest Lluch. Membro do consello científico do Centro de Políticas Publicas e de Goberno da Universidade de Alcalá.