Destaca os avances do seu equipo no deseño de medicamentos intelixentes, en particular lentes de contacto medicadas para tratar doenzas como o glaucoma

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica pronunciou o seu discurso nun acto celebrado hoxe no Pazo de San Roque en Santiago

A RAGC celebrou no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso de Carmen Álvarez Lorenzo (Santiago de Compostela, 1970), catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmaceútica da Universidade de Santiago e directora do Instituto de Materiais da USC, como académica numeraria da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da institución. A investigadora pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Medicamentos disruptivos: aprendiendo de la evolución”, que foi contestado en nome da RAGC pola académica María José Alonso.

O presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, abriu o acto, ao que asistiron outros académicos da institución, así como o vicerreitor de Política Científica da Universidade de Santiago, Vicente Pérez Muñuzuri; o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador Naya Fernández; entre outros representantes de institucións políticas, culturais e académicas galegas.

O presidente da RAGC deu a benvida á institución á profesora Carmen Álvarez. Na súa intervención destacou que “desenvolve unha investigación orientada cara á solución de problemas reais que preocupan á sociedade e que supoñen un avance notable no coñecemento”. Felicitouna pola súa “brillante traxectoria”, poñendo de manifesto “o seu perfil humano, colaborador e entusiasta” e sinalou que “supón unha incorporación de gran valor para a Academia”.

Álvarez: “Los medicamentos personalizados deben ser capaces de ceder el fármaco en el lugar y a la velocidad necesarios para alcanzar la respuesta terapéutica óptima”

Carmen Álvarez abordou no seu discurso a necesidade de desenvolver medicamentos “cada vez más eficaces, seguros y personalizados”. Salientou que na actualidade é posible coñecer a orixe ou base molecular das enfermidades e identificar as variantes xenéticas propias de cada persoa que determinan a resposta aos tratatamentos. Nesta liña, indicou que “los medicamentos personalizados, además de incorporar el fármaco más idóneo y en la dosis requerida para cada paciente, deben ser capaces de cederlo en el lugar y a la velocidad necesarios para alcanzar la respuesta terapéutica óptima”.

A homenaxeada referiuse á Biomimética como un campo emerxente que se centra no estudo da natureza para levar a cabo, por imitación, desenvolvementos científicos e tecnolóxicos como é o caso do deseño de sistemas intelixentes para a liberación de fármacos. Baseándose na Biomimética, o seu grupo de investigación adaptou a metodoloxía de impresión molecular para crear receptores sintéticos para fármacos en hidroxeles sensibles a estímulos, e tamén en entramados poliméricos flexibles como as lentes de contacto. Así, a aplicación destas estratexias permitiulles, entre outros avances, deseñar nas lentes de contacto receptores sintéticos para fármacos específicos, imitando a estrutura do receptor biolóxico natural. Como resultado, conseguiron preparar lentes de contacto medicadas capaces de incorporar, entre outros fármacos, timolol e acetazolamida para o tratamento do glaucoma, olopatadina para atenuar reaccións alérxicas, e epalrestat para a prevención e o tratamento dos efectos da diabetes no ollo.

“Los medicamentos que imitan la capacidad que tienen los seres vivos para responder a estímulos se denominan inteligentes. Estos medicamentos son capaces de activar o detener la cesión del fármaco en función de estímulos externos específicos o de reconocer cambios en indicadores del estado fisiopatológico del paciente. Las estrategias bioinspiradas permiten abordar el diseño de hidrogeles sensibles a estímulos con capacidad de reconocimiento molecular reversible capaces de detener la cesión cuando los niveles de fármaco en el entorno del medicamento alcanzan un valor determinado, y son los únicos que pueden recuperar el fármaco ya cedido si el estímulo cesa o revierte. Los resultados de estas investigaciones abren un amplio abanico de posibilidades” -asegurou a nova académica-.

Mª José Alonso: “Carmen es un referente internacional en el ámbito científico de los biomateriales, sistemas de liberación de fármacos e ingeniería de tejidos”

A académica numeraria da RAGC María José Alonso respondeu á disertación da homenaxeada. Louvou a súa “extraordinaria” estadía no Instituto Tecnolóxico de Masachussets, como responsable de laboratorio, que lle permtiu “ejercer su liderazgo y contribuir decididamente a la modernización y desarrollo investigador del Departamento de Farmacia y Tecnología Farmacéutica de la Universidad de Santiago”. E manifestou que, logo dunha traxectoria de máis de 20 anos, tense convertido “en un referente indiscutible de nuestra universidad y también en un referente internacional en el ámbito científico de los biomateriales, sistemas de liberación de fármacos e ingeniería de tejidos”.

En relación ao seu perfil, destacou a súa participación en 37 proxectos de investigación, 240 artículos científicos, 30 capítulos de libros, 2 libros e 18 patentes, máis de 400 conferencias e congresos por todo o mundo, así como a creación de varias redes de traballo a nivel nacional e internacional. “Contar con Carmen en la élite de la investigación en Tecnología Farmacéutica es un orgullo. Determinación y constancia son las claves de su desarrollo profesional” -concluíu Alonso-.

Share This