Celebrarase o 14 de outubro, ás 17:00 h na Cidade da Cultura

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) nomeou como “Científico Galego do ano 2022” a Juan Rof Codina (El Prat de Llobregat, Barcelona, 1874 – Lugo, 1967), impulsor da veterinaria en Galicia e España. No marco das celebracións que se están a promover ao longo deste ano, esta semana vaise celebrar en Santiago unha conferencia en torno á figura de Rof Codina. Será o venres 14 de outubro, ás 17:00 horas na Cidade da Cultura, na Sala Eisenman.

A charla enmárcase nas actividades da “VI Conferencia de Reales Academias y Academias de Ciencias Veterinarias de España”, que terá lugar na capital galega entre o 13 e o 15 de outubro. Dentro deste encontro científico anual, vaise programar o relatorio “Juan Rof Codina, impulsor de la Veterinaria en España”, que ofrecerá Alberto Manuel Portela, inspector de Saúde Pública da Junta de Andalucía, vicepresidente da Asociación Española de Historia de la Veterinaria (AEHV) e académico numerario electo da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG).   A charla diríxese a académicos veterinarios, investigadores e profesionais no ámbito veterinario e a estudantes  de Ciencias Veterinarias, así como ao público interesado neste eido e en afondar na relevante traxectoria de Rof Codina.

Share This