No encontro tomaron parte, ademais do presidente da RAGC, Juan M. Lema, os investigadores Germán Bou Arévalo, Fernando Pérez González, María José Pereira Rodríguez e José M. Sabucedo Cameselle.

Dende a perspectiva da saúde, a intervención de Germán Bou, xefe do servizo de Microbioloxía do CHUAC, tratou dos criterios microbiolóxicos na desescalada, por aplicación de test diagnósticos baseados na PCR (gold standard), que poden complementarse con probas serolóxicas, para incrementar a sensibilidade e tamén determinar a presencia de anticorpos anti SARS-CoV-2 na poboación, e así coñecer a seroprevalencia da enfermidade. Por outra banda, a detección do virus noutras entornas non clínicas, como poden ser as augas residuais permiten entender mellor a epidemioloxía da enfermidade e establecer modelos predictivos na aparición de brotes. A transición á normalidade, exixirá, un gran esforzo de vixilancia e rapidez no diagnóstico dos casos primarios e contactos secundarios

No ámbito da liberdade de movementos individuais, a intervención do catedrático de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo e académico da RAGC, Fernando Pérez González, versóu sobre as aplicacións para móvil que foron propostas como unha ferramenta para o rastrexo dixital de contactos. Entre as dúas opción debatidas en Europa, protocolos centralizados (nos que a detección de contactos de risco faise nun servidor central) ou descentralizados (que a priori ofrecen maior privacidade xa que a a detección ten lugar no teléfono de cada usuario), algún países como Alemaña ou Italia, que inicialmente tíñanse decantado polo modelo centralizado, cambiaron ó descentralizado. Porén, Fernando Pérez indicou que ambos modelos comparten unha serie de problemas relacionados coa fiabilidade de estimación de distancias con sinais Bluetooth e vulnerabilidades de seguridade e privacidade que poden minar por completo a credibilidade do sistema, hasta o punto de que o Prof. Pérez desaconsella a sua implantación porque poden xerar unha falsa sensación de seguridade. Países como Bélxica ou os Países Baixos teñen xa descartado o uso deste tipo de aplicacións. A conclusión do Prof. Pérez é que a anonimidade que se garante nestas aplicacións, aínda que desexables, fainas incompatibles co rastrexo manual, e por tanto apenas podería aforrar traballo ós rastreadores.

Tamén no ámbito da saúde, a xefa de servizo de Medicina Preventiva do CHUAC, María José Pereira Rodríguez, indicou que unha adecuada xestión da pandemia require tomar decisións operativas intentando evitar a incerteza asociada a unha pandemia causada por un novo virus. A vixilancia epidemiolóxica é unha ferramenta crítica para acción e debe aportar información en relación á porcentaxe de poboación afectada, a dinámica da transmisión do virus e a ocorrencia de brotes.

Pola súa banda, José Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, dende o campo das ciencias sociais reflexionou sobre a cooperación indicando que, socioloxicamente, pódense identificar dous momentos: O primeiro arranca coa declaración do estado de alarma no que a cidadanía demanda o coñecer “que ocorre?”, “por que?” e “como actuar?”. O consenso sobre o diagnóstico da situación entre os distintos grupos favoreceu a asunción do confinamento. Neste segundo momento, hai que abordar a desescalada que plantexa como riscos particulares o incumprimento da norma de distancia física, a aparición de actitudes hostís cara a determinados grupos, unha maior demanda de seguridade e ira. A cooperación, en lugar da confrontación, aparece como a única estratexia capaz de xestionar esa situación, de reducir a actual polarización política e de evitar o fortalecemento de ofertas políticas extremistas.

Share This