A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do académico correspondente Aníbal R. Figueiras Vidal. O catedrático vigués, enxeñeiro de Telecomunicación (UPM, 1973) e doutor na mesma titulación (UPC, 1976), ingresou na RAGC o 21 de xaneiro de 2020.

A súa docencia e investigación centráronse no Tratamento Dixital de Sinais e o Aprendizaxe Máquina. Publicou máis de 400 contribucións científico-técnicas (artigos e relatorios), dirixiu un centenar de proxectos e contratos de I+D nacionais e internacionais, e dirixido varias decenas de teses de doutoramento. Recibiu o Premio Miguel Catalán 2019 da Comunidade de Madrid á traxectoria investigadora. Foi académico numerario da Real Academia de Ingeniería (e o seu presidente de 2007 a 2011), correspondente da Academia de Ingeniería de México, e recibiu Doutorandos “Honoris Causa” das Universidades de Vigo e San Pablo (Arequipa, Perú).

Share This