Gerardo Rodríguez López
Profesor xubilado na USC
Gerardo Rodríguez López é profesor xubilado da USC, universidade na que desenvolveu gran parte da súa actividade docente e investigadora. Incorporouse á mesma no ano 1967, foi Profesor Agregado numerario da Universidade de Granada, e Catedrático de Análise Matemática da USC desde 1978 ata a súa xubilación; nesta Universidade ocupou diversos cargos de responsabilidade e foi director dos Departamentos de Ecuacións Funcionais e de Análise Matemática, área na que se concretou a maioría da súa labor docente e investigadora. A investigación, tanto no referente ás actividades de dirección como persoal, centrouse en diversos aspectos da teoría dos Sistemas Dinámicos, fundamentalmente no ámbito das ecuacións diferenciais ordinarias, campo no que ten as contribucións máis relevantes.