José Juan Pazos Arias

Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid e catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

José J. Pazos-Arias (Baiona, 1964) é Enxeñeiro de Telecomunicación (1987) pola Universidad Politécnica de Madrid e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1995) polo Departamento de Enxeñería de Sistemas Telemáticos (DIT) da mesma universidade. Catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo, é director e fundador do grupo de Servizos para a Sociedade da Información da Universidade de Vigo. 

Centra a súa actividade investigadora no desenvolvemento de tecnoloxías transversais coas que facer un uso eficaz do crecente volume de información xerada e dispoñible en liña, en numerosos dominios de aplicación das TIC. Director de 9 teses doutorais, foi autor de máis de 200 artigos en revistas, conferencias e libros de ámbito internacional. Foi subdirector da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo e director do Departamento de Enxeñería Telemática da mesma universidade, desde a súa fundación ata o año 2004. Desde 2008, é Director da Área de Novas Tecnoloxías da Universidade de Vigo.