José Ramón Cancelo de la Torre

Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña

Sendo con anterioridade profesor titular na Universidad Autónoma de Madrid e catedrático na Universidad de Castilla – La Mancha. A súa investigación céntrase na modelización de fenómenos económicos dinámicos, con especial incidencia no análise do ciclo económico e da coxuntura, a predición a curto prazo e a extración de sinais en series temporais económicas.

Foi investigador principal en diversos proxectos de investigación e contratos de transferencia do coñecemento, tanto para organismos públicos como para empresas privadas e organizacións sen ánimo de lucro. Publicou máis de medio centenar de traballos, entre artigos en revistas especializadas, libros e capítulos de libros, e dirixiu cinco teses doutorais.