José Rivas Rey
Catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Experto en magnetismo, materiais magnéticos e nanotecnoloxía. A súa etapa investigadora comezou na Universidade de Valladolid e no Instituto Max-Planck (Stuttgart, Alemania). Despois da súa estadía como profesor nas universidades de Burgos e Murcia, integrouse na USC como catedrático de electromagnetismo, onde comezou unha nova etapa relacionada coa Nanotecnoloxía e o desenvolvemento de nanomateriais de interese tecnolóxico. Foi director de 26 teses de doutouramento, é autor duns 400 artigos e titular de 8 patentes internacionais e 3 nacionais. Foi decano da Facultade de Física, director do Departamento de Física Aplicada e o primeiro director e responsable da implementación do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía INL, ubicado en Braga, Portugal. Life Member of Institute of Electrical and Electronics Engineers (USA), Premio de Magnetismo “Salvador Velayos” do Club Español de Magnetismo, Premio de Investigación BURDINOLA, membro do “EMRC Steering Committee for the Scientific Forward Look Nanomedicine” correspondente ao “Strategic Plan for 2002-2006, the European Science Foundation (ESF)”. Membro do comité COST NanoSTAG, European Commission.