Juan J. Nieto

Catedrático de Universidade na Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Director do Instituto de Matemáticas da USC e coordinador do grupo de investigación sobre Ecuacións Diferenciais.

Foi bolseiro Fulbright na Universidade de Texas.

Os seus principais intereses en temas de investigación e divulgación son o estudio dos sistemas dinámicos, a modelización matemática a as súas aplicacións a problemas reais e biomédicos.

Foi Editor-Xefe da revista Nonlinear Analysis: Real World Applications e na actualidade é Editor-Xefe de Fixed Point Theory and Applications e  Editor, entre outras, do Journal of Mathematical Analysis and Applications,  International Journal of Biomathematics e do Journal of the Franklin Institute.

Figura nas últimas edicións da lista publicada por Clarivate Analytics (antes Thomsom Reuters) dos Investigadores Altamente Citados dende o ano 2014.

Avaliador e asesor de distintos organismos e axencias nacionais e internacionais e membro, entre outros, fundador da CorBI Foundation (Coruña Biomedical Investigation Foundation) e do Comité Científico da Fundación Gadea por la Ciencia.