Juan Ramón Quintás Seoane

Catedrático (xubilado) de Análise Económico

Director do Departamento de Teoría Económica da Universidade de Santiago de Compostela ata o seu traslado en 1990 á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Coruña. A súa investigación concretouse na dirección e realización de numerosos traballos en catro áreas principais: teoría económica, economía da educación, economía do desenvolvemento rexional (dirixindo a elaboración das primeiras Táboas Input-Output de Galicia) e, finalmente, sistema financeiro. O seu interese na aplicación do coñecemento académico á resolución de problemas da vida real resultou nunha intensa carreira profesional como consultor, alto executivo e Presidente ou membro dos Consellos de Administración de numerosas empresas privadas e órganos de goberno de entidades públicas. Juan Quintás foi tamén Deputado por UCD ao Parlamento Español na súa primeira lexislatura (1979-1982), Conselleiro electivo do Consejo de Estado, Presidente de FUNCAS, Patrono Vogal da Fundación Carolina e Membro do Consello Asesor da Fundación Reina Sofía.