Juan Ramón Vidal Romaní
Catedrático de Xeodinámica Externa da Universidade da Coruña, Profesor Emérito da Universidade da Coruña
Especialista en Xeoloxía do Cuaternario e Xeomorfoloxía de Rocas Graníticas, Glaciarismo, Liñas de costa, Biodeterioro do granito en ambientes subterráneos e superficiais, datacións con cosmoxénicos terrestres (21Ne), de sedimentos arenosos por O.S.L., aplicación de técnicas de Bioloxía molecular para o estudo de procesos xeolóxicos, estudio de series paleoclimáticas do Pleistoceno. Director de 23 teses de doutoramento. É autor de 176 artigos e de 100 libros internacionais. Colaborador en periódicos nacionales con artículos de divulgación e opinión. Conferenciante en centros de enseñanza de Galicia de todos os niveis educativos. Foi director do Departamento de Xeoloxía da Universidade da Coruña do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Profesor visitante nas Universidades de Adelaide (South Australia), Universidades de Porto e de Minho (Portugal), Rio Cuarto e Córdoba (República Argentina), Danham (República de Irán) e Qingdao (República de China). Editor científico da Revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e da Serie Nova Terra. Presidente da Sociedad Española de Geomorfología. Membro fundador de: Sociedad Española de Mineralogía, Asociación Española para el Estudio del Cuaternario, Sociedad Española de Geomorfología, Sociedad Geológica de España. Premio da Crítica 1990; Premio Alejandro Novo. Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía. Premio Nobel da Paz 2007 como membro do IPCC (España); Premio Osíxeno 2007 ADEGA. Colexiado de Honra do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos de España. ORCID (0000-0001-7158-4945).