Luis Ángel Cordero Rego

Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971

Catedrático de Universidade de Xeometría e Topoloxía desde 1975 (Universidad de Valladolid 1975-76, Universidad de La Laguna 1976-79 e Universidade de Santiago desde 1979). Desempeñou os seguintes cargos: Vicedecano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, director do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago, membro da Comisión de Doutorando da Universidade de Santiago e membro da Comisión Asesora Científica da Xunta de Galicia. Dirixiu 5 teses doutorais e publicou oitenta artigos de investigación sobre Xeometría Diferencial en distintas revistas. É editor de 4 “proceedings” de congresos internacionais.

Publicou os seguintes libros: Differential Geometry of France Bundles, (1988) editado en Holanda, coautores: M. De León e C. T. I. Dodson. Xeometría Diferencial de Curvas e Superficies con Mathematica (1995) editado en USA, Coautores: M. Fernández e A. Grey. Premio de Investigación “Deputación de Pontevedra” 1987. Premio de Investigación “Academia Canaria de Ciencias” 1993.

Membro Correspondente da Real Academia Canaria de Ciencias desde 1995.