LUIS CARAMÉS VIÉTEZ

Doutor en Economía pola USC

Ampliou estudos na Universidade de Bordeaux. Catedrático de Economía Aplicada. Foi profesor de Economía da Escola Naval Militar de Marín. Foi membro do consello asesor da revista Hacienda Pública Española e do consello de redacción de Revista de Economía y Empresa.  É coeditor de Urban Public Economics Review, e pertence ao editorial board de Revista de Economía. Foi Decano da Facultade de Economía da USC, así como director do seu Departamento de Economía Aplicada. Profesor visitante nas Universidades de Bordeaux, Pau, Morelia, Business School de Curitiba. Primeiro presidente do Consello Galego de Relacións Laborais. Dirixiu o Plan estratéxico da cidade de Santiago de Compostela. Membro correspondente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Foi presidente da Organización Española de Economistas de la Educación.