Luis M. Liz Marzán

Catedrático de Química Física

Luis Liz-Marzán doutorouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1992. Tras 2 anos na Universidade de Utrecht incorporouse á Universidade de Vigo, onde alcanzou o posto de catedrático de Química Física. Desde 2012 é Profesor Ikerbasque no Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriales, CIC biomaGUNE, en San Sebastián, do que foi e director científico de 2012 a 2021. É considerado un de los pioneiros no campo da nanoplasmónica e as súas aplicacións en biomedicina. Co-autor de máis de 500 publicacións e 9 patentes, dirixiu máis de 30 teses doutorais e máis de 60 investigadores posdoutorais, e foi profesor invitado en institucións en todo o mundo. Recibiu numerosos premios, entre os que destacan a Medalla da Real Sociedad Española de Química, o Premio Rey Jaime I de Investigación Básica e o Premio Nacional de Investigación en Ciencia y Tecnología Químicas. É membro da European Academy of Sciences, Academia Europaea e da Real Academia de Ciencias de España. Obtivo tamén a prestixiosa ERC Advanced Grant en dúas ocasións.