María José Alonso, Académica Numeraria, e Aníbal Ollero, Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias, veñen de recibir os Premios Nacionales de Investigación 2021.

“Temos que ter sempre presente que o noso traballo debe ter unha repercusión social”. Así o afirmou a catedrática María José Alonso no acto de entrega do Premio Nacional Juan de la Cierva na área de Transferencia de Tecnoloxía. Alonso recolleu este xoves, de mans do rei Felipe VI, este Premio Nacional de Investigación que outorga o Ministerio de Ciencia e Innovación e que recoñece “a excelencia da súa traxectoria científica no ámbito da nanomedicina, así como a súa importante contribución para a adecuada e equilibrada transferencia de tecnoloxía e coñecemento”. 

Pola súa parte, o catedrático Aníbal Ollero recibiu o Premio Nacional Leonardo Torres Quevedo, na área de Enxeñarías “pola excelencia da súa actividade investigadora”, principalmente “no desenvolvemento de sistemas autónomos”.

Share This