Manuel J. Tello León

Catedrático de Física nas Universidades de Granada e do País Vasco (UPV/EHU)

Licenciado e doutor en Física pola Universidade Complutense de Madrid, considerado o impulsor dos neutrones. Catedrático de Física nas Universidades de Granada e do País Vasco (UPV/EHU), foi director do Departamento de Física e de Física da Materia Condensada da UPV/EHU, decano da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía da UPV/EHU, e vicerreitor do mesmo centro universitario, así como director do Instituto de Ciencias da Educación da UPV/EHU. Tamén foi viceconselleiro de Tecnoloxía e Estratexia Industrial do Goberno vasco. Ademais, foi profesor en catro Escolas Internacionais (Coimbra, Cambridge, Sitges e Valencia) e catro universidades de verán: UPV/EHU, Menéndez Pelayo, Rey Juan Carlos e Complutense de Madrid. 

En termos de investigación, foi o creador dun Laboratorio de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais onde comezaron a súa formación científica un importante número dos actuais líderes científicos do País Vasco. Dirixiu 32 teses de doutoramento e foi director de 32 proxectos de investigación en ciencia fundamental, ciencia aplicada e en tecnoloxía. 

Ofreceu 122 comunicacións e conferencias en congresoso nacionais e internacionais, e ten ao seu nome 148 publicacións, fundamentalmente en revistas internacionais. Emitiu máis de 30 informes confidenciais con resultados de investigación para empresas e administracións e unha patente en proceso sobre microlimitadores de corrente baseados en supercondutores de alta temperatura. 

É membro de diversas comisións de ciencia, tecnoloxía e ennovación, como a Real Sociedad Española de Física. Recibiu seis sexenios de investigación, seis quinquenios de docencia e máximo nivel na avaliación da axencia vasca de avaliación. Recibiu o Premio de Investigación Xabier María de Munibe en 1996, o Premio de “Física, Innovación y Tecnología” 2010 da RSEF – FBBVA, e o Premio á mellor tese de doutoramento (como director) de 2016 da Fundación Sener.