María Isabel Medina Méndez

Doutora en Química e profesora de Investigación do CSIC

María Isabel Medina Méndez, doutora en Química e profesora de Investigación do CSIC. Especialista na química dos lípidos de orixe mariño, e no papel que xogan na calidade e valor nutricional dos produtos da pesca e a acuicultura. Completou a súa formación científica con estancias pre e post doutoramento nas Universidades de Davis, CA, EEUU, Nápoles, Italia e Guilford, Reino Unido. Participou ininterrumpidamente en proxectos de investigación a nivel nacional, europeo e bilateral, así como en contratos privados coa industria desde o inicio da súa carreira investigadora. Foi investigadora principal en máis de 40 proxectos de investigación nacionais e internacionais e contratos co sector privado. Publicou máis de 150 artigos cun índice h de 36.

Dirixiu teses de doutoramento en España e no estranxeiro. Tivo ao seu cargo diferentes responsabilidades de investigación institucionais e nacionais como Coordinadora Nacional del Área de Ciencia y Tecnología de Alimentos do CSIC e parte do equipo de coordinación da Área de Transferencia de Tecnología, Subáreas de Alimentación, Agricultura y Ganadería na Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP). Foi vicepresidenta da Plataforma de Investigación SEAFOODPLUS, Plataforma Internacional de Productos de la Pesca y la Acuicultura e é membro da Escuela de Doctorado da Universidad de Florencia. En 2016 recibiu o Primeiro Premio da Real Academia Galega de Ciencias.