A académica numeraria da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a investigadora do CiMUS (Center for Research in Molecular Medicine and Chronic Diseases) da Universidade de Santiago (USC), María José Alonso, foi recoñecida co Premio Nacional de Nanotecnología patrocinado e outorgado na súa primeira edición pola empresa NOB166®.

A investigadora, que recibiu a distinción nun acto celebrado na Real Academia de Medicina de Madrid, foi distinguida polo seu esforzo e dedicación no sector nanotecnolóxico. “María José Alonso destaca en su labor de investigación en proyectos en colaboración con grupos americanos, canadienses y europeos en el desarrollo de una vacuna frente al VIH. Su aportación se centra en el desarrollo de nanosistemas transportadores de las vacunas”, destacou o xurado. Actualmente, é catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC e responsable dun grupo de investigación en Nanotecnología Farmacéutica adscrito au CiMUS.

Share This