Miguel Ángel Ríos Fernández
Catedrático Emérito de Química Física e Profesor Ad honorem da USC
Becario da Fundación Juan Marx e especializado na Universidade de Kent, foi o impulsor da Química Cuántica en Galicia; no seu grupo instalouse o primeiro ordenador vectorial que chegou a esta terra, un Convex C-120 e baixo a súa dirección directa formaronse 5 Catedráticos de Universidade e 7 Profesores Titulares distribuidos nas tres Universidades galegas. Dirixiu numerosas Tesis doctorais e publicou un número elevado de traballos de investigación en revistas de prestixio internacional. Traduxo do inglés un texto de referencia en Química Física. Foi Coordinador do Cou 1970, que con carácter experimental se celebrou nas cidades de Santiago, Ourense e Lugo, organizado polo ICE; Director do Centro de Cálculo Pedro Barrié de la Maza da Universidade; Secretario da Facultade de Ciencias; Xefe da División de Investigación do ICE; Vicesecretario Xeral; Secretario Xeral; Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado e candidato a Reitor; Director do Departamento de Química Física; Secretario Xeral de I+D da Xunta de Galicia; autor dos dous primeiros Plans Galegos de I+D; Presidente do Consello de Administración do CESGA; Presidente do Consello Asesor para a Innovación en Galicia e Presidente da RAGC. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura e Doutoramento e está en posesión da Insignia de Ouro da USC.