A nosa compañeira Minia Manteiga é natural de Negreira, e o Concello deste municipio quere recoñecer a traxectoria desta catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña e investigadora do Centro de Investigación TIC.

O Concello de Negreira e o Centro de Información á Muller decidiron outorgarlle esta distinción no Día da Muller polas  súas aportacións á ciencia e o seu papel na visibilización da muller neste ámbito. Desde a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) queremos felicitar á nosa compañeira e académica numeraria por este recoñecemento.

A sexta edición do Premio 8 de Marzo homenaxeará a Minia Manteiga nun acto que se celebrará o día 8 ás 19:30 horas no auditorio novo centro sociocultural.

Share This