O catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago (USC) Antonio Rigueiro, foi galardoado co IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso da lingua galega na institución académica, un galardón que recolleu o xoves, 16 de setembro, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo no marco dunha cerimonia presidida polo reitor da USC. Antonio Rigueiro declarou no acto de entrega da distinción: “O galego é a miña lingua materna, a natural dun neno da Galicia rural”. Desde a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) felicitamos ao noso compañeiro e académico da Sección de Ciencias Técnicas.
Últimas Noticias

O Concello de Santiago coloca unha placa homenaxe a Aida Fernández Ríos no Parque das Ciencias

A RAGC celebra o Día da Ciencia e entrega as Medallas de Investigación 2026

Un libro lembra a Aida Fernández Ríos, “Científica Galega 2026”

Medallas de Investigación para Rosa Crujeiras, Mabel Loza, Francisco Rivadulla, Sebastián Villasante e Leandro Alejano

A experta en Lingüística Computacional Maite Taboada ingresa na RAGC