O académico numerario da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da RAGC, o catedrático de Estadística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi galardoado pola súa contribución social, tanto no ámbito científico como no industrial. O Instituto Nacional de Estadística (INE) outorgouse o Premio Nacional de Estadística 2021 como recoñecemento á aportación, labor científica e contribución inminente ao progreso da estatística.

O xurado do premio destacou a aportación de González Manteiga á modelización non paramétrica de dinámicas e dependencias en sistemas complexos e ao desenvolvemento da estatística non paramétrica ao longo dos últimos 30 últimos anos.

Tras recibir o galardón, Wenceslao González manifestou o seu agradecemento: “significa el reconocimiento a mi labor científica académica de toda una vida”.

Share This