Temos que lamentar moi sentidamente o pasamento do profesor Luis Cordero, catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1975) e Académico Numerario da RAGC desde 1979.

O profesor Cordero licenciouse e doutorouse na USC e fixo diversas estadías de investigación, entre elas no College de Francia (París) ou na Universidade de Harvard (EEUU). Levou unha moi intensa actividade docente e investigadora, sendo responsable de 23 proxectos de investigación e tendo realizadas publicacións en xornais de gran prestixio como os da American Mathematical Society. Foi director de Departamento, vicedecano da Facultade de Matemáticas e director do Instituto de Matemáticas da USC. Tamén foi membro da Comisión Asesora Científica da  Xunta de Galicia. 

O profesor Cordero sempre mantivo un espírito colaborador e moi positivo en todas as actividades da RAGC. Agradecemos moito a súa contribución, dedicación e traballo. Lembrarémolo sempre con admiración, respecto e agarimo.

Share This