Pilar Bermejo Barrera

Catedrática de Química Analítica na Facultade de Química da USC

Ensinou nas Facultades de Química, Farmacia e na Escola Politécnica Superior de Enxenaría da USC, e na Universidad de La Habana (Cuba), na Universidad de Valparaíso (Chile), nas universidades do sur de Santa Catarina, na Universidad de Salvador de Bahía (Brasil) e na Universidad de Ioannina (Grecia).

Foi directora Adxunta da Facultade de Química e directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, e actualmente é Decana da Facultade de Química da USC.

Coordinou o Programa piloto ECTS na área de Química desde 1990 ata 1996 e coordinou a rede ECTN (Red Temática de Química Europea), participando no intercambio de máis de cen estudantes entre diferentes universidades europeas e dentro do programa TASSEP (Programa de Intercambio Estudiantil de Ciencias Transatlánticas) con Estados Unidos e Canadá.

É membro de numerosas sociedades científicas, como a Real Sociedad Española de Química, a Sociedad Española de Química Analítica, a Sociedad de Espectroscopía Aplicada, a Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular, membro da Royal Chemistry Society (UK), de American Chemical. Society (EE. UU.) e da Federación Europea de Elementos Traza y Minerales (FESTEM).

Dirixe o Grupo de Investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación da USC. As principais líñas de investigación son o desenvolvemento dunha metodoloxía analítica para o estudo de oligoelementos, estudos de especificación, metalómica, metaloproteómica, así como o estudo de nanomaterais en mostras complexas. Publicou máis de 350 traballos de investigación, dirixiu 34 teses doutorais e máis de 30 proxectos de investigación, así como diferentes contratos con empresas.