Paseo por lugares emblemáticos de Comerma en Ferrol” é o nome do roteiro elaborado polo Consello da Cultura Galega e editado polo Concello de Ferrol . Comeza na casa na que viviu Andrés Comerma e remata no edificio do Concello. Percorre en nove espazos a relación entre o enxeñeiro e a cidade na que viviu. Este roteiro , deseñado e escrito polo historiador Guillermo Llorca Freire e que conta con fotos do autor e de Mario Llorca Loureiro, pretende amosar ó gran público feitos salientables realizados polo Enxeñeiro Comerma e que contribuiron decisivamente ó desenvolvemento social, cultural e industrial de Ferrol.

O roteiro foi presentado no marco da celebración do acto homenaxe “Deixen traballar a Comerma”, organizado pola RAGC

O autor do roteiro Guillermo Llorca expkica ós asistentes detalles sobre a visita
Ó roteiro, acompañados polo autor, asistiron o Alcalde de Ferrol D. Angel Mato, A presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Alvarez Blanco, O Almirante D. Antonio Duelo, o Presidente da RAGC D. Juan M. Lema Rodicio a Vicerreitora da UdC María Jesús Movilla, a profesora Asunción López Arránz e o Prof. Luis Puig.
Visita ó “dique da campá” de mans do Almirante D. Antonio Duelo
Share This